Sobre min
Son Melisa Silva. Psicóloga colexiada con formación específica en sexoloxía e habilitada para a prestación de psicoterapia. En agosto do 2022, despois dun longo proceso de formación e aprendizaxe, inaugurei o meu propio centro sanitario, un espazo creado acorde cos meus valores, buscando ser un lugar de calma tanto para min como para as persoas que entran nel.
Para chegar a este momento da miña vida profesional, formeime de maneira continuada. Primeiro, estudando psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Unha vez rexistrada no Colexio de Psicoloxía de Galicia (COPG), continúo a miña formación en psicoloxía de emerxencias, participando no Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).
A miña primeira experiencia laboral como psicóloga foi nunha asociación de mulleres con discapacidade, na que tiven a oportunidade de desenvolverme durante uns anos no ámbito do social, especializándome en discapacidade, igualdade e xénero. Nesta entidade, comecei a impartir formación en diferentes ámbitos: centros educativos con grupos de diferentes idades, universidades, persoas profesionais de diversos ámbitos e grupos de persoas usuarias, na súa maioría grupos de mulleres ás que tamén acompañei de maneira individual, con apoio psicolóxico.

Foi entón rendo decidín combinar a miña actividade co Máster Oficial de Sexoloxía na Universidade Camilo José Cela, unha ferramenta imprescindible para mellorar a atención de poboación coa que traballo habitualmente e un desexo que me acompañaba desde os últimos anos da carreira. No último ano do máster de sexoloxía comecei o Máster de Psicoloxía Xeral Sanitaria coa Universidade Internacional da Rioxa, un máster habilitante para a prestación de psicoterapia.
Desde ese momento desenvolvinme como terapeuta no ámbito da psicosexoloxía, colaborando e formándome con outras persoas profesionais nos ámbitos do trauma, disociación e apego, coa especialización de Terapia da Compaixón con Gonzalo Brito e Terapia de Reprocesamiento e Desensibilización (EMDR) coa Asociación de EMDR España, da que son socia.