Contacto

Rodas, 13 15704
Santiago de Compostela
info@melisasilva.com
604 042 756

Douche a benvida ao meu gabinete. Se decides acudir, estarei encantada de escoitar as túas necesidades, para ofrecerche a maior seguridade e tranquilidade neste espazo inaugurado en agosto de 2022. É un espazo cambiante, non estático e adaptable á persoa que acode a consulta, creado coa idea de ofrecer un lugar de calma e comodidade para as persoas que entran nel.

Deste decembro de 2024 tamén atendo no meu gabinete en Vigo, se che é máis cómodo acudir aquí este é o enderezo:

Príncipe, 43 3ºD 36202
Vigo

A identidade gráfica foi realizada por María Ramos, que conseguir captar os principios que forman parte do meu xeito de traballar e estar no mundo: igualdade e amor á diversidade dende a terapia afirmativa, sostibilidade, respecto e compaixón cara ao mundo e ás persoas.

O número de rexistro sanitario (C-15-004701) dálle a garantía de que cumpre coa normativa necesaria para a actividade de terapia psicolóxica. O meu número de colexiada é o G-5554 (COPG).